En curso
001
  • O que significa unha vaca
  • Personal


A vaca e o símbolo da paz. Val máis o que significa unha vaca que o que simboliza un león rampante.      

A vaca esqueceuse dos cornos e dános o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. 
Non no pode dar máis.      

O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra aos probes que van polos camiños. 
En troques, a vaca é o amparo dos pobres libres.      

Se non fose polo leite das vacas, a piolleira das cidades morreríase desnutrida. 
A vaca é a ama de cría da Humanidade.      

O día que seipamos o que val unha vaca,
Galiza quedará redimida.      

Fragmentos de “A Vaca”.      

Castelao, 1937      

© 2026 Mateo Pérez, diseño web por Rubén Montesinos
Mateo Pérez